Investigan o incendio dun vehículo na Illa de Arousa durante a noite
Por Redacción
Efectivos da Garda Civil de Caldas de Reis teñen aberta unha investigación para detectar as causas do incendio que se producía nun vehículo durante a noite deste sábado no paseo do Cantiño na Illa de Arousa.
Un particular alertaba ás 03.18 horas de que un turismo aparcado fronte a unha caseta situada na zona atopábase ardendo.
Ata o lugar desprazábanse os Bombeiros do Salnés, ademais de efectivos do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, que foron os que extinguiron o incendio, e axentes da Garda Civil de Caldas. Na intervención conseguiron sufocar as lapas, que tamén afectaron ao inmoble. Non se produciron danos persoais.