Vilaboa renovará o alumeado público do Camiño Portugués en Santa Marta
Por Redacción
O tramo do Camiño Portugués que pasa polo núcleo rural de Santa Marta, en Vilaboa, contará cunha nova iluminación pública. Será a través dunha achega de 36.354 euros que recibirá o Concello da Deputación de Pontevedra.
Esta obra, incluída no Plan Concellos 2020, prevé renovar a rede de iluminación neste lugar situado en Bértola, tras comprobar que estaba nun deficiente estado de conservación.
O proxecto suporá a retirada da instalación existente, composta por luminarias acaroadas a postes de madeira, prefabricados de formigón e tendido aéreo de cables.
Ademais, vaise a acometer a execución de gabias para o aloxamento das conducións soterradas da instalación de alumeado público e a subministración e instalación da rede de cables e de farois de deseño contemporáneo de luminaria LED.
A renovación ten como obxectivos principais poñer en valor a paisaxe rural do entorno de Santa Marta e aumentar a eficiencia enerxética do sistema público de iluminación.
Relacionadas:
-
Un convenio con Red Eléctrica de España facilitará a instalación de 35 luminarias LED en Bértola
Por Redacción |
-
Moraña amplía o seu plan de obras con oito novas actuacións en infraestruturas
Por Redacción |
-
O Grove lanza unha oferta de emprego para contratar dezanove traballadores
Por Redacción |
-
Marín recibe medio millón de euros da Deputación para humanizar o Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |