As terrazas da hostalería poderán encherse ata a metade da súa capacidade
Por Alejandro Espiño
Unha revisión á alza. Así é o cambio que propoñerá o Goberno para permitir que as terrazas dos establecementos hostaleiros poidan reabrir a partir da fase un da desescalada, prevista inicialmente para o próximo 11 de maio.
Nun principio, o executivo de Pedro Sánchez anunciara que estas terrazas poderían contar tan só cun 30% do seu aforo habitual, pero ante as críticas do sector decidiu ampliar esta restrición ata un 50% da capacidade de cada establecemento.
Desde Sanidade aseguran que este novo límite é compatible coas debidas garantías de seguridade e hixiene que aconsellan as autoridades sanitarias.
Ademais, tamén poderán reabrirse as terrazas que estean dentro dos bares, cafeterías e restaurantes, pero sempre que estas estean ao aire libre.
En cada unha destas terrazas, ao igual nos domicilios para partir do 11 de maio, poderá haber un máximo de dez persoas por cada reunión social, sempre que haxa un mínimo de dous metros de distanciamento entre elas.
Estas cuestións reflectiranse nas ordes que publicará o Goberno este domingo no BOE para regular as condicións na que diferentes establecementos comerciais poderán retomar a súa actividade na fase cero da desescalada, que comezará o luns.
Relacionadas:
-
Os hostaleiros alertan de terrazas masificadas e piden aos clientes que sexan responsables
Por Manu Otero |
-
Vilagarcía autoriza os hostaleiros para ocupar máis espazo para ampliar o número de mesas das súas terrazas
Por Redacción |
-
Comer entre mamparas de vidro
Por Alejandro Espiño |
-
A Federación Provincial de Hostalería habilita unha app gratuíta para informar e promocionar ao sector
Por Redacción |
-
Que poden facer a hostalería e a restauración na fase 0?
Por Almu Dapena |
-
Sanidade recorda que se pode saír a pasear ou a correr fóra da casa pero "só unha vez ao día"
Por Alejandro Espiño |
-
As terrazas da hostalería poderán encherse ata a metade da súa capacidade
Por Alejandro Espiño |
-
As máscaras serán obrigatorias no transporte público a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
Establecen tres franxas horarias limitadas para pasear a partir deste sábado 2 de maio
Por Redacción |