A Xunta fai balance de reparto de material de protección: 154.000 nas comarcas de Pontevedra, Umia e O Salnés
Por Redacción
A delegación territorial de Pontevedra da Xunta de Galicia leva entregadas arredor de 154.000 unidades de protección individual aos concellos das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Umia. En concreto, máis de 76.500 nos municipios de Pontevedra, Marín e Bueu; preto de 47.695 na comarca do Salnés e 29.700 na comarca de Caldas.
Estas cifras, facilitadas este domingo pola Xunta de Galicia, supoñen o total de material que chegou aos municipios nos distintos envíos que se efectuaron dende a plataforma loxística da administración autonómica dende o inicio do decreto do estado de alarma.
En total, a Xunta, desde o decreto do estado de alarma, leva repartido entre os concellos pontevedreses máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a COVID-19.
Segundo informou este domingo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 4.260 luvas e 4.350 máscaras nos concellos da comarca de Pontevedra, Marín e Bueu, 1.460 luvas e 1.300 máscaras no Salnés e 1.650 luvas e 1.450 máscaras na comarca de Umia.
Os datos globales supoñen na comarca de Pontevedra, Marín e Bueu a recepción de 44.730 luvas, 29.845 máscaras, 1.096 batas e traxes de protección e 370 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son 4.097 en Barro, 4.342 en Bueu, 3.441 en Campo Lameiro, 3.543 en A Lama, 6.598 en Marín, 33.175 en Pontevedra, 5.637 en Poio, 5.001 en Ponte Caldelas, 4.856 en Vilaboa e 5.836 en Cerdedo-Cotobade.
Na comarca do Salnés repartíronse 28.360 luvas, 17.680 máscaras, 1.243 batas e traxes de protección e 366 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son 5.587 en Cambados, 4.889 no Grove, 4.003 en Meaño, 4.388 en Meis, 4.360 en Ribadumia, 5.615 en Sanxenxo, 8.826 en Vilagarcía, 5.744 en Vilanova e 4.283 en A Illa de Arousa.
En canto á comarca de Caldas, distribuíronse 20.020 luvas, 14.200 máscaras, 776 batas e traxes de protección e 298 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son 4.984 en Caldas, 3.831 en Catoira, 3.413 en Cuntis, 4.166 en Moraña, 3.682 en Portas, 3.931 en Pontecesures e 5.686 en Valga.
Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Relacionadas:
-
Ofrecemento ao sector hostaleiro para ampliar as terrazas en Moraña para evitar grandes perdas económicas
Por Redacción |
-
Así foi o reparto de máscaras entre os usuarios de autobuses, trens e taxis
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O Goberno repartirá a partir do luns 289.500 máscaras para o seu uso no transporte público da provincia
Por Redacción |
-
A Xunta completa o seu terceiro envío de material de protección aos concellos de Pontevedra
Por Redacción |