Máis de 1.200 horas de voluntariado para axudar a que a crise sanitaria sexa máis levadía en Poio
Por Redacción
A agrupación de Protección Civil de Poio, como o resto de entidades de voluntariado da comarca, leva semanas de adicación completa e contribucións desinteresadas para axudar á poboación a que a situación actual de crise sanitaria e confinamento sexa máis levadía. No seu caso, este traballo traduciuse en máis de 1.200 horas de voluntariado.
Este domingo, os voluntarios da agrupación recibiron a visita do alcalde e a concelleira de Seguridade Cidadá de Poio, Nito Sobral e Marga Caldas, para agradecer o traballo feito polos voluntarios durante esta situación de alerta polo coronavirus.
Desde a agrupación de voluntarios agradecen este xesto, pois "actos coma estes son os que fan seguir adiante neste mundo do voluntariado". Ademais, cren que estas mostras de agradecemento e afecto son necesarias, xa que "é o único medio de pago posible" para unha contribución social voluntaria.
Segundo as cifras facilitadas pola agrupación, o persoal realizou 1.200 horas de voluntariado desde o 14 de marzo, primeiro día de estado de alarma. Esta visita deste domingo anímaos a continuar coa súa achega á poboación de Poio e a "continuar no día a día do voluntariado e na axuda desinteresada aos cidadáns, cada vez mais necesaria, e as veces moi pouco valorada".
BO COMPORTAMENTO DA POBOACIÓN
Por outra banda, a Policía Local de Poio lembrou este domingo que o máis importante nestes intres é gardar a distancia social e asegurou que, nos seus servizos na rúa esta fina de semana puideron comprobar que "en Poio somos moi responsables".
Este domingo, os axentes continuaron cun traballo que levan facendo varios días de entrega de diplomas aos nenos e maiores que cumpren as normas.
Relacionadas:
-
Poio solicita á Xunta que garanta a protección do persoal dos centros educativos
Por Redacción |
-
Identifican en Poio a persoas bañándose na praia ou cruzando a AP-9 durante esta fin de semana
Por Redacción |
-
O Concello de Poio vixía que os maiores tamén traballen a memoria durante o confinamento
Por Redacción |
-
Poio continúa co reparto de mascarillas no municipio
Por Redacción |