O PP de Barro reclama ao Concello que acometa canto antes diversas melloras na zona de Barosa
Por Redacción
O grupo municipal do PP en Barro insta o goberno local do BNG a que acometa con urxencia unha serie de actuacións que están a supoñer deterioración, perigo e mala imaxe para unha espazo natural de interese turístico e de esparexemento como é Barosa.
A principal delas pasa polo cambio ou baleirado da fosa séptica que afecta á concesión pública do 'Muíño de Valerio'. A intención do concesionario é reabrir o próximo día 11 de maio; pero se non está resolta esta situación será imposible facelo, segundo trasladoulles o afectado.
Tras unha visita á zona en cuestión, os populares tomaban imaxes do estado en que atoparon o espazo natural con electrodomésticos abandonados xunto a contedores e próximos á sinalización dos roteiros de sendeirismo. Tamén sinalan que hai mobiliario en mal estado, como poden ser papeleiras rotas, deficiencias na madeira que bordea o muíño, ou algunha infraestrutura en mal estado como a ponte de madeira, con táboas do chan perigosas por posibles roturas e onde a xente escorrega.
Desde o PP expoñen que "atopamos que está nun estado de abandono total. A fosa séptica leva atascada tres semanas e sen solución a pesar de que o Concello ten coñecemento. Aquilo merece un cambio grande e pedimos desde o PP que vaian e resólvano".
Relacionadas:
-
Barro axuda a familias necesitadas con vales de compra para alimentos, produtos de hixiene e farmacéuticos
Por Redacción |
-
O PP de Barro pide un pleno extraordinario e propón eliminar as taxas municipais á hostalaría e o comercio
Por Redacción |
-
Barro ampliará varios camiños no municipio e fará melloras no pavillón de Curro
Por Redacción |
-
O alcalde de Barro denuncia o PP por un posible delito medioambiental
Por Oskar Viéitez |
-
O PP e un grupo de veciños de Barro promoven un baldeo xeneralizado de espazos públicos
Por Redacción |