Chega unha fronte fría que traerá choiva
Por Redacción
A previsión dos técnicos de MeteoGalicia indica que, a partir deste luns, un centro de baixas presións localizado entre os Azores e apenínsula Ibérica achegará aire frío en altura e unha fronte fría, polo que aumentará a inestabilidade atmosférica. Deste modo, para a tarde agárdanse chuvascos que poderán ser puntualmente fortes e vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico.
As temperaturas serán elevadas, particularmente as mínimas; durante a tarde notarase un descenso na metade oeste . Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos pola mañá e conintervalos fortes nas Rías Baixas, pola noite.
O martes quedaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación do suroeste que afastará o aire cálido de Galicia. Así, agárdase unha xornada con ceos pouco anubrados no leste, e con ceos moi anubrados e chuvias febles na fachada atlántica. As temperaturas sufrirán un descenso moderado. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur,baixando de intensidade co avance do día.
Xa para o mércores continuaremos nunha situación pouco definida, entre as altas e as baixas presións, con circulación suroeste que achega humidade dende o mar. Dende MeteoGalicia aseguran que será unha xornadade ceos máis anubrados no oeste, onde poderán rexistrarse chuvias febles, máis probables durante a mañá. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.