A Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, baleira de pacientes positivos por coronavirus
Por Diego Espiño
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés converteuse na primeira de Galicia que baleirou a súa Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de pacientes positivos por Covid-19.
Así o confirmou este luns 4 de maio a Consellería de Sanidade cos datos oficiais da xornada, que reflicten que se manteñen activos na área sanitaria 182 casos de coronavirus, 4 menos que o domingo. Deles só 7 permanecen hospitalizados en planta en Montecelo (5), Hospital do Salnés (1) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1).
O resto de 175 casos evolucionan nos seus respectivos domicilios.
Ademais nas últimas 24 horas curáronse 8 persoas, para un total de 591 recuperados desde o inicio da pandemia, mentres que a cifra de falecementos mantense en 16.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, dos que 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, na comunidade hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 104.990 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 2,3% do total das persoas residentes. Hai un total de 563 usuarios e 295 profesionais contaxiados e faleceron 129 persoas en residencias e 127 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web específica, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
A xerencia dos hospitais considera que a protección ante a COVID-19 do persoal sanitario foi "razoable"
Por Redacción |
-
Unha xornada con 33 recuperados e con só 4 persoas con coronavirus hospitalizadas na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria suma 12 novos pacientes con coronavirus curados e redúcense as hospitalizacións
Por Natalia Puga |
-
Catorce curados nun día e só un paciente en UCI por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Falece en Montecelo un home de 67 anos diagnosticado de coronavirus, a vítima número 16 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Balance diario do coronavirus: 208 casos activos na área sanitaria e 8 hospitalizados, 2 deles na UCI
Por Diego Espiño |
-
As hospitalizacións por coronavirus baixan de golpe ata as 12 na área sanitaria, con só 2 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |