Desaloxan de madrugada un local de lecer nocturno pontevedrés no que se estaba celebrando unha festa
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional de Pontevedra desbarataron na madrugada do pasado 2 de maio unha festa que se estaba levando a cabo no interior dun local de lecer nocturno da cidade.
En concreto os axentes tiveron coñecemento ás 2:00 horas da madrugada de que varias persoas estaban a acceder ao local en cuestión.
Segundo relata a Policía, unha vez no lugar observaron como unha persoa accedía ao interior á vez que se escoitaban voces doutras persoas e música.
Ante esta situación decidiron realizar unha inspección no interior do coñecido local, comprobando que alí se atopaba un grupo de persoas escoitando música e consumindo alcol, saltando así as restricións establecidas no Estado de Alarma.
O responsable do local foi identificado polos axentes, do mesmo xeito que o resto, un total de 6 persoas, catro homes e dúas mulleres que foron sorprendidas escondidas baixo unha mesa e no baño respectivamente.
A Policía Nacional iniciou un proceso de sanción administrativa contra eles pola infracción da Lei Orgánica 4/2015 artigo 36 pola desobediencia á autoridade en relación ao incumprimento das normas que figuran no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo.
Tras abandonar a sala o responsable procedeu ao seu peche.
Relacionadas:
-
Por que os botellóns si e os locais de lecer nocturno non? Os empresarios rebélanse
Por María José Pita |
-
A Policía Local impón 476 multas, 14 esta fin de semana, por incumprir estado de alarma en Pontevedra
Por Redacción |
-
Un control dunha hora en Benito Corbal detecta oito persoas que se saltaron o confinamento
Por Natalia Puga |
-
O xuíz deixa en liberdade un pontevedrés que se saltou o confinamento 14 veces, seis nun mesmo día
Por Natalia Puga |