Marín reparte máscaras e pantallas entre os negocios que reinician a súa actividade
Por Redacción
O Concello de Marín puxo en marcha unha campaña de entrega de material de protección contra o coronavirus nos establecementos comerciais que desde este luns poden retomar a súa actividade.
Un dos máis activos desde esta primeira xornada é o sector da barbería, locais nos que o Concello repartiu máis de trinta unidades, mentres que aínda restan outras 14 que decidiron polo momento non abrir as súas portas.
Os traballadores entregaron máscaras e pantallas noutros cinco establecementos de roupa, mercería e tamén en dúas clínicas de fisioterapia e audición que solicitaron este material.
Non foi precisa a entrega destes elementos protectores en todos os locais que empezaron a atender ao público este luns porque moitos "xa estaban dotados de material suficiente para a protección dos seus empregados e clientes", explican desde o goberno local.
Doutra banda, a rede de voluntariado do Concello segue traballando na confección de máscaras. Xa produciron ao redor de 8.600 unidades que foron entregadas nas farmacias do municipio.
Así mesmo, desde o Concello lembran que a plataforma Marín En Rede, a plataforma promovida polo executivo que encabeza María Ramallo para potenciar a venda online dos negocios locais, segue sumando novas adhesións e os interesados en unirse á campaña poden facelo poñéndose en contacto co Concello ou a través da páxina web www.marinenrede.com.
Relacionadas:
-
Marín reabre as súas pistas deportivas ao aire libre para o seu uso público
Por Redacción |
-
Marín en Rede estrea a súa web con información multimedia dos negocios adheridos
Por Redacción |
-
Marín contrata o acondicionamento das praias do municipio
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín solicita unha reordenación temporal da mobilidade na contorna de acceso ás praias
Por Redacción |
-
Marin en Rede pon cara ao comercio local para apoiar a economía do municipio
Por Redacción |
-
Nace 'Marín en Rede', un espazo para dixitalizar o comercio e a hostalería local
Por Redacción |
-
Exención de impostos e aposta pola venda online, medidas do Concello de Marín para salvar a súa economía
Por Redacción |
-
Marín suprime o pago de impostos a comercios e locais de hostalería durante o estado de alarma
Por Redacción |