Identifican en Poio a persoas bañándose na praia ou cruzando a AP-9 durante esta fin de semana
Por Redacción
A Policía Local de Poio fai un chamamento á cidadanía para que cumpran coas directrices ditadas polo Goberno con respecto ás saídas por quendas que se permiten realizar nesta primeira fase de desescalada do confinamento. Os axentes lembran que nas redes sociais e na páxina web do Concello poden consultar un mapa virtual con lugares nos que practicar deporte, saír con nenos ou pasear de forma segura.
Estas recomendacións prodúcense despois de que os gardas detectasen varias incidencias durante a primeira fin de semana de saídas á rúa permitidas. Infraccións como as cometidas por tres mulleres que cruzaron a pé a AP-9 en dirección a Lourido, unha persoa tomando un café nunha terraza ou veciños que non respectaron o horario establecido. Situacións que se produciron principalmente durante a tarde do domingo, detallan desde a Policía Local.
Doutra banda, recibiron alertas veciñais sobre persoas dándose un baño nas praias de Cabeceira ou Raxó, unha práctica polo momento prohibida.
Desde a Concellería de Seguridade Cidadá piden á poboación que manteña o comportamento cívico e exemplar que demostraran ata o momento e lembran a importancia de respectar os horarios e cumprir co distanciamento social determinado polas autoridades sanitarias.
Doutra banda, axentes da Policía Local colaboraron este luns nun opertativo da Garda Civil na contorna da rotonda da Barca para facer entrega de máscaras aos condutores de vehículos que pasaban pola zona, así como de diplomas de cidadán exemplar aos menores que, ao saír de casa, cumpren coas normas ditadas polo Goberno. Xa levan máis de 300 títulos entregados.
Relacionadas:
-
Pontevedra na fase 0. As imaxes do comezo da desescalada
Por Diego Torrado & Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Máis de 1.200 horas de voluntariado para axudar a que a crise sanitaria sexa máis levadía en Poio
Por Redacción |
-
Recomendacións da Policía Local de Poio nas saídas para facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
Poio ofrece mascarillas ás perruquerías do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
Multados dous furtivos reincidentes na praia da Ostreira
Por Oskar Viéitez |
-
A poboación infantil de Poio recibe estes días os seus diplomas de cidadáns exemplares
Por Redacción |