Aquí non hai horarios para pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez
Os municipios con menos de 5.000 habitantes non teñen que aplicar as franxas horarias para pasear ou facer deporte. Unicamente os veciños deben aterse ao horario de 6.00 a 23.00 horas, repartindo as saídas como desexen.
É o caso de Cuntis (4.677 habitantes), Campo Lameiro (1.817), Moraña (4.179), Barro (3.680), Portas (2.940), Meis (4.791), A Illa de Arousa (4.926), A Lama (2.445) e a entidada local menor de Arcos dá Condesa (Caldas de Reis), onde non teñen restricións horarias que determinen cando poden saír os adultos, os menores de 14 anos ou as persoas dependentes e de máis de 70 anos.
Iso si, aínda que se poida saír sen un horario concreto, os paseos serán de 1 hora e un quilómetro de distancia. Con todo, as actividades deportivas non teñen estes límites, pero apélase á responsabilidade cidadá.
Hai outros que, por moi pouco, estarán supeditados ás regras das grandes cidades, é o caso de Ribadumia que, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística ao 1 de xaneiro de 2019, supera en 52 persoas o límite de 5.000 veciños. En total na provincia de Pontevedra son 23 os concellos que teñen menos de 5.000 habitantes.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro recupera a súa feira, a primeira do estado de alarma
Por Redacción |
-
Os municipios da comarca con ata 10.000 habitantes deixarán de ter restricións horarias
Por Redacción |
-
A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva
Por Oskar Viéitez |
-
'Caldas, Cultura Quente' ofrecerá un programa lúdico e cultural adaptado ás limitacións da pandemia
Por Redacción |
-
Moraña concederá subvencións e aplicará un plan de fomento do consumo para axudar ás empresas locais
Por Redacción |
-
Datos especifícos de contaxios en cada municipio, petición do alcalde de Cuntis á Xunta
Por Redacción |
-
Consenso entre os grupos políticos de Cuntis para impulsar un plan de reactivación económica
Por Redacción |
-
O Concello de Moraña lembra que hai que limpar as leiras para previr incendios
Por Redacción |
-
A Xunta quere cambiar o criterio das saídas por franxas horarias
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello destaca a "normalidade" na primeira fin de semana da desescalada
Por Oskar Viéitez |
-
Os pontevedreses saen a respirar: madrugóns e distancias de seguridade no primeiro día de deporte e paseos
Por Diego Torrado & Redacción |