O comedor de San Francisco recibe produtos do agro a través da rede de Mercaproximidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Xunta continúa coa doazón de alimentos do agro galego a diferentes entidades sociais e a varios hospitais da comunidade autónoma ao abeiro da rede Mercaproximidade, a canle alternativa de comercialización posta en marcha pola Consellería do Medio Rural para contribuír ás economías dos agricultores e gandeiros durante o estado de alarma.
Neste contexto, este luns Medio Rural entregou varios tarros de mel, quilos de queixo, patacas e carne de porco celta ao comedor San Francisco de Pontevedra.
A compra de produtos agrogandeiros por parte da Xunta vai destinada tamén ás familias máis vulnerables mediante diversas organizacións.
Dende a súa posta en marcha o pasado día 15 de abril, son arredor de 400 as industrias transformadoras e os produtores agropecuarios que se adheriron a Mercaproximidade, para dar saída aos seus produtos.
Ademais, tamén colaboran un total de dez cadeas de alimentación.
Con todo, esta iniciativa permanece aberta a todas aquelas cadeas, empresas de subministración de colectividades e plataformas online que desexen sumarse, co obxecto de axudar aos agricultores e gandeiros galegos durante a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Relacionadas:
-
A pataca de Xinzo que veu durante o confinamento para quedar
Por Redacción |
-
A crise provoca que máis de 200 persoas se acheguen a diario ao comedor de San Francisco
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Preocupación entre as entidades sociais de Pontevedra polo aumento da demanda de alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
200 racións de cocido o sábado no Comedor de San Francisco
Por Redacción |
-
O comedor de San Francisco amplía os días de servizo ante o aumento de usuarios
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Construcciones Ramírez doa unha tonelada de alimentos ao Comedor de San Francisco
Por Oskar Viéitez |