Pontevedra reabrirá este mércores os cemiterios municipais
Por Redacción
Carmen Fouces, concelleira de Cemiterios en Pontevedra, anunciaba este martes que os camposantos municipais abrirán as súas portas a partir deste mércores 6 coa intención de recuperar a actividade normal no período de desescalada ao mesmo tempo que se permite que moitos cidadáns poidan despedirse dos seus seres queridos falecidos durante estes dous últimos meses.
Os cemiterios de Campañó, Lourizán, Bora e Ponte Sampaio, situados nas parroquias pontevedresas, manterán o horario habitual de apertura.
O cemiterio municipal de San Amaro, situado no centro urbano, contará cun horario restrinxido. Abriranse as portas ás 09.00 horas e pecharanse ás 11.00 durante a mañá. Mentres que polas tardes, o horario será de 17.00 a 19.00 horas.
Establecerase tamén un control de acceso para garantir os protocolos de seguridade durante as visitas a este espazo
Relacionadas:
-
O "suplicio" de non poder nin chorar os defuntos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Poio abre o cemiterio municipal este xoves 7 con horario restrinxido e Marín agardará ata o luns 11
Por Redacción |
-
O Concello destaca a "normalidade" na primeira fin de semana da desescalada
Por Oskar Viéitez |
-
As familias con falecidos durante a crise sanitaria recibirán un pésame personalizado do Concello
Por Redacción |