Cinco novos mestres composteiros incorpóranse a concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra pechou este martes a contratación de cinco novos mestres composteiros que se incorporarán o 15 de maio aos concellos de Poio e Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra; e aos de O Grove, A Illa de Arousa e Valga, na comarca do Salnés; para exercer esta función ata, polo menos, o ano 2022.
A función destes novos traballadores será a do control dos composteiros comunitarios que se instalen, así como o seguimento dos individuais e a promoción da compostaxe no municipio.
Na xornada deste martes, os técnicos da Deputación procederon á adxudicación do destino dos traballadores baixo a supervisión do deputado Uxío Benítez e do asesor do plan, Carlos Pérez.
Ademais destes cinco municipios, incorporaranse mestres composteiros aos concellos de Mondariz, As Neves, Ponteareas, Bueu, Cangas, Vilaboa, Mancomunidade do Morrazo, A Guarda, Tui e Gondomar. Lembran desde o goberno provincial que na primeira axuda á contratación de persoal xa se beneficiaron outros doce concellos.
Dado que o tratamento de lixo está considerado un servizo esencial, están activos todos os centros de compostaxe da provincia dependentes do Revitaliza. Estes son atendidos por un servizo básico de mestres composteiros que realizan labores de control do proceso así como de mantemento das garantías sanitarias.
Durante as semanas do estado de alarma a equipa do Revitaliza constatou un aumento moi significativo das achegas de residuos orgánicos nos composteiros. De feito, o nivel de enchido tense duplicado como media e case cuatriplicado nalgúns centros de compostaxe comunitaria.
Relacionadas:
-
A Escola de Capataces de Lourizán apúntase á compostaxe coa instalación dun centro comunitario
Por Redacción |
-
A compostaxe aumentou un 28% as taxas de reciclaxe nos "Concellos Revitaliza"
Por Redacción |
-
Cuntis xa ten o seu propio centro de compostaxe comunitario
Por Redacción |
-
Meis xa conta co seu primeiro centro de compostaxe comunitaria
Por Redacción |
-
A Deputación instala os primeiros centros de compostaxe do Plan Revitaliza en Marín
Por Redacción |
-
VÍDEO.- No Día da Terra felicitan á cidadanía pontevedresa "polo ben que estades compostando"
Por Oskar Viéitez |
-
Quince novos mestres composteiros incorporaranse o 15 de maio ao traballo en catorce concellos
Por Redacción |
-
O estado de alarma duplica o tratamento de biorresiduos nos composteiros comunitarios de Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción |