Trasládase a parada de taxis para iniciar as obras de Loureiro Crespo
Por Redacción
O inicio das obras de reforma da rúa Loureiro Crespo obriga a cambiar de lugar a parada de taxis situada entre as rúas Gonzalo Gallas e Casimiro Gómez. Este espazo para taxis trasladarase á rúa Cobián Areal mentres duren os traballos de rehabilitación de Loureiro Crespo.
As obras inícianse no primeiro tramo de rúa, entre a praza do Hospital e a rotonda con Doce de novembro.
A última semana de abril realizáronse as actuacións previas e nos vindeiros días está previsto que comece o levantamento da calzada e das beirarrúas para instalar as canalizacións de rede de sumidoiros, abastecemento, iluminación e outros servizos no lado dereito da rúa.
Cando finalicen estes traballos,acometerase o pavimentado deste lado dereito mentres se procede á demolición da zona esquerda e la instalación dos servizos soterrados.
A renovación dos servizos na zona do Castañal espérase que arranque a finais deste mes de maio, cun cambio de tráfico. Toda a reforma de Loureiro Crespo e do Castañal suporá a ampliación do modelo de cidade a esta zona do centro urbano, segundo indican desde o goberno local.
Os traballos de reforma aplicaranse a outras rúas como Ernesto Caballero, Amor Ruibal, Forcarei, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas. Nestas rúas, do mesmo xeito que en Loureiro Crespo, renovarase o pavimento e van ampliarse as beirarrúas en varios puntos ademais de mellorar os servizos. Instalarase nova iluminación e novo mobiliario urbano. Tamén está previsto que se planten novas árbores nalgúns dos tramos.
Relacionadas:
-
Loureiro Crespo, entre o Provincial e a pasarela, estará rematada en dous meses
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Gran parte de Loureiro Crespo será xa só de entrada á cidade desde o xoves
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Comezan as obras nun novo tramo de Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Pechan ao tráfico de Loureiro Crespo entre Casimiro Gómez e Gonzalo Gallas para abordar as obras de reforma
Por Redacción |
-
A reforma de Loureiro Crespo comezará o luns no extremo pegado á Praza do Hospital
Por Alejandro Espiño |
-
Lores quere comezar xa as obras de reforma de Loureiro Crespo
Por Oskar Viéitez |