Barro fai oficial a suspensión da Festa do Viño pola pandemia do coronavirus
Por Manu Otero
O Concello de Barro suspende a XLI Festa do Viño do 2020 que se ía a celebrarse os días 18, 19, 20 e 21 de xuño pola crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19.
Explican desde o goberno local que este evento representa unha cita moi consolidada no municipio e a súa contorna pero dado que non se poderá garantir a seguridade decidiron cancelala.
"As medidas previstas da desescalada do estado de alarma impiden que actos ou espectáculos festivos e culturais masivos celébrense como de costume, polo que as actividades principais da festa non poden celebrarse con normalidade", argumentan nun comunicado.
Coa intención de compensar os prexuízos desta suspensión, o Concello promete "facer un esforzo especial para que no 2021 todos e todas podamos gozar con garantías dun evento tan arraigado no noso territorio".
Relacionadas:
-
Barro suspende a Festa do Viño e opta por actividades culturais polas parroquias
Por Redacción |
-
Barro destinará 20.000 euros máis para combater os efectos da COVID-19
Por Redacción |
-
Barro informa ao sector da hostalería e do comercio local das liñas de apoio
Por Redacción |
-
Barro reparte material de protección entre os comercios que reabriron
Por Redacción |
-
Barro clausura a Festa do Viño cun concerto espectacular
Por Redacción |
-
Domingo de sardiñada popular na Festa do Viño de Barro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa do Viño de Barro chega á corenta edición
Por Redacción |