Jorge Cubela defende que o Defensor do Pobo non pode admitir denuncias de administracións públicas

Por Redacción
Tras o inicio dunha campaña en defensa do proxecto de rehabilitación dos Baños de San Xusto, o alcalde de Cerdedo Cotobade, o popular Jorge Cubela acusa o seu homólogo de Ponte Caldelas, o socialista Andrés Díaz de facer "unha clara utilización política do Defensor do Pobo" ao denunciar ante Fernández Marugán o convenio subscrito coa Xunta para dita rehabilitación.
Despois de que o Defensor admitise a trámite a denuncia, Cubela - tras valorar o ditame que solicita a anulación do convenio - responde que é un "auténtico despropósito xurídico e institucional, xa que a entidade que preside o socialista Francisco Fernández Marugán inclumple a súa propia Lei Orgánica de funcionamento, xa que non pode aceptar recursos de Administracións públicas".
Demanda do PSOE local á Xunta
Neste contexto, tanto a Executiva local como o grupo municipal do PSdG-PSOE en Cerdedo Cotobade, manifestan a súa preocupación pola situación xerada e na que podería derivar por paralización das obras, devolución de axudas e pola imaxe do Concello. Así, reclaman á Xunta de Galicia que se pronuncie emitindo un informe da Asesoría Xurídica sobre o convenio subscrito para a rehabilitación dos Baños de San Xusto e os aspectos que cuestiona o Defensor do Pobo.
Por esta circunstancia, o alcalde de Cerdedo-Cotobade entende que Díaz usou dita institución por ser tamén do PSOE "sabedor que a súa pretensión carece de percorrido e optando por unha alternativa en posible fraude de lei, con actitude oscurantista e manifesta deslealdade institucional".
Lamenta Cubela que ademais, o Defensor do Pobo incorrese nunha indefensión dos dereitos do Concello, xa que como parte implicada non se lle informou, nin do procedemento, nin do ditame, nin lle permitiu presentar alegacións ou defender os seus intereses; xa que se tivo coñecemento do caso a través do Instituto de Estudos do Territorio. Jorge Cubela reitera que seguirá defendendo a validez e legalidade do convenio para financiar a rehabilitación dos baños de San Xusto.
Deixando constancia da "confianza absoluta na boa fe que guiou as actuacións do Concello" avanzan que lle pedirán informe xurídico sobre posibles consecuencias e medidas de cautela que se deberían adoptar; informe sobre posibles repercusións económicas e certificacións de execución das obras, así como os gastos realizados ata a data.
Ademais reiteran o seu "profundo apoio ao proxecto de rehabilitación dos Baños de San Xusto" que consideran fundamental para a promoción turística e patrimonial de Cerdedo-Cotobade.
Relacionadas:
-
A Xunta rexeita a solicitude do Defensor de anular o convenio dos Baños do San Xusto
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG esixe explicacións á Xunta pola "adxudicación irregular" dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
A Deputación descúlpase e retira unha noticia da súa web tras unha queixa do PP
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide a Cubela que aclare como reformará os Baños de San Xusto se perde a subvención
Por Redacción |
-
Cubela acusa o PSOE local de "traizoar o pobo" na polémica pola obra dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Primeira acción reivindicativa en Cerdedo-Cotobade para defender a rehabilitación dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas entra de cheo na polémica pola súa queixa contra os Baños de San Xusto
Por Redacción | Creada e actualizada
-
PP, PSOE y BNG de Cerdedo-Cotobade apoian as obras de Baños do San Xusto tras a denuncia de Andrés Díaz
Por Redacción |
-
Jorge Cubela acusa a Andrés Díaz de "persoa destrutiva" por denunciar as obras dos Baños de San Xusto
Por Redacción |