Poio abre o cemiterio municipal este xoves 7 con horario restrinxido e Marín agardará ata o luns 11
Por Redacción
Os cemiterios da Raña, do Campo e de Ardán, situados en Marín, volverán abrir ao público para partir do próximo 11 de maio nos horarios habituais. O goberno de María Ramallo indicaba este mércores que a partir desa xornada xa se poderán visitar estes espazos sempre que se adopten as correspondentes medidas de seguridade.
Será por tanto necesario que as persoas que acudan cumpran co distanciamento social e todas aquelas medidas necesarias para a prevención ante a pandemia.
O goberno local espera que a apertura con horario habitual evite aglomeracións de persoas, especialmente no cemiterio da Raña, que é o máis grande dos tres municipais.
POIO
Tamén o Concello de Poio indica que o cemiterio municipal, situado na parroquia de San Xoán, volverá abrir de forma progresiva, adaptándose ás fases estipuladas ao longo da desescalada, segundo as indicacións que marque o goberno central.
Este xoves 7 de maio, o camposanto xa estará aberto, en horario único de 09.00 a 12.00 horas hasta nueva orden. Para poder acceder ás instalacións será obrigatorio utilizar máscaras e luvas. No caso das luvas poderanse arroxar, unha vez que se abandone o cemiterio, nun depósito de lixo que se instalará na entrada ao recinto.
A veciñanza que acuda deberá manter as distancias de seguridade, segundo indican desde o goberno local. Os usuarios só poderán acceder aos seus respectivos panteóns. Quedan prohibidos os paseos polo interior e os baños continuarán pechados ao público.
Relacionadas:
-
Coa fase 1, volven o mercado de Combarro, a biblioteca e un horario amplo para o cemiterio de Poio
Por Redacción |
-
Poio regulará a ampliación do espazo a ocupar polas terrazas dos negocios de hostalería
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín solicita unha reordenación temporal da mobilidade na contorna de acceso ás praias
Por Redacción |
-
Goberno e oposición deseñan medidas para superar a crise sanitaria en Poio
Por Redacción |
-
Pontevedra reabrirá este mércores os cemiterios municipais
Por Redacción |