O PSOE de Marín solicita unha reordenación temporal da mobilidade na contorna de acceso ás praias
Por Redacción
O Concello de Marín está a rexistrar excesiva concentración de persoas nas zonas de acceso ás praias máis próximas á zona urbana. Situación detectada desde que a comezos de maio permitíronse as saídas por tramos horarios para facer deporte, pasear ou saír con menores. Por este motivo, o grupo municipal do PSdG-PSOE en Marín solicitaba na Comisión Informativa de Tráfico e Movilidad unha serie de medidas que favorezan a protección dos cidadáns durante a denominada desescalada.
A primeira das propostas pasa polo peche temporal para o tráfico rodado do vial de acceso ás praias, que está a ser o máis transitado. A excepción a esta medida afectaría as persoas que vivan nesta contorna, que serían as que poderían acceder cos seus vehículos. Ademais, para reforzar a distancia entre viandantes expoñen direccións únicas prioritarias nas beirarrúas que teñen dobre sentido. Esta medida, que requiriría dun estudo específico, pasaría por habilitar unha dirección concreta para cada unha das dúas beirarrúas.
Outra das propostas incumbe á Escola Naval Militar. A formación socialista expón que dado que non hai alumnos nas dependencias, se permita de forma excepcional a apertura e acceso pola zona valada en dirección ás praias.
De igual forma avogan por un plan temporal de ocupación e regulación do espazo público e de beirarrúas. Este plan refire a medidas para incentivar a actividade comercial e concretamente a unha posible ampliación do espazo público que ocuparían as terrazas de hostalería.
A concelleira do PSOE Iria Sobrino apuntaba que "este é un bo momento para comezar a facer as cousas cun pouco máis de estratexia ordenada e coordinada, mesmo no temporal".
Relacionadas:
-
O viario de praias pasará a ser dunha soa dirección e contará con lonas informativas
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín cre que o plan de impulso ao comercio é "pouco ambicioso e moi desigual"
Por Oskar Viéitez |
-
Marín contrata o acondicionamento das praias do municipio
Por Redacción |
-
Poio abre o cemiterio municipal este xoves 7 con horario restrinxido e Marín agardará ata o luns 11
Por Redacción |
-
Marin en Rede pon cara ao comercio local para apoiar a economía do municipio
Por Redacción |
-
Marín reparte máscaras e pantallas entre os negocios que reinician a súa actividade
Por Redacción |