Un mural solidario en Montecelo para dar grazas e ánimo aos profesionais sanitarios
Por Redacción
As mensaxes de ánimo e empatía que o Hospital Montecelo de Pontevedra segue recibindo dirixidos aos colectivos profesionais da sanidade convertéronse nun mural que estes profesionais poden ver cada día no comedor destas dependencias sanitarias.
Foi o persoal que traballa na cafetería do Hospital quen tivo a iniciativa de que estas mensaxes enviadas tanto por adultos como pola poboación de menos idade, fosen visibles a todos os seus destinatarios. Así, foron imprimindo os máis de trescentas mensaxes recibidas a través das redes sociais, conformando un mural solidario.
Debuxos, fotografías, mensaxes de agradecemento e de ánimo van facéndose o seu oco neste mural nas últimas semanas. Mostras que estes profesionais sanitarios agradecen á sociedade mentres seguen co seu traballo contra a pandemia provocada pola COVID19.
Relacionadas:
-
Os máis pequenos dun edificio de Valdecorvos pintan un mural para dar as grazas a unha veciña sanitaria
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Así agradece o persoal de Cirurxía impar en Montecelo todo o apoio que recibe na loita contra o COVID-19
Por Anxo Lourido |
-
Balcóns e fiestras da cidade convértense en espazos de agradecemento e reivindicativos
Por Redacción |