O presidente de Ence, Juan Luís Arregui, acode á UNED de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Este xoves, ás dez da mañá, na sé do Centro, terá lugar a incorporación de ENCE, ao Patronato do Centro Asociado da UNED de Pontevedra.
O acto da firma do convenio de adhesión estará presidido o rector da UNED, profesor Juan Antonio Gimeno Ullastres, o presidente do Patronato e titular da Diputación Provincial, Rafael Louzán Abal e o presidente de ENCE, Juan Luís Arregui.
Esta cerimonia celebrarase no transcurso da Reunión Extraordinaria da Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado.
A firma do convenio de adhesión efectuarana o presidente do Patronato, Rafael Louzán Abal e Ignacio De Colmenar e Brunet, conselleiro delegado de ENCE.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores forma parte do Patronato da UNED, sen embargo non acudirá a cita, e non haberá encontro con Arregui.
Lores está de viaxe en Barcelona representando a Mancomunidade Terras de Pontevedra polo que delegou en Antón Louro coma alcalde "accidental".
Ás dez e media da mañá, os asistentes a este acto, celebrarán unha rolda de prensa.
O director xeral do COE na apertura de curso
Tamén este xoves, ás seis da tarde, na sé do Centro da UNED no Centro da UNED celebrarase a apertura oficial do curso académico 2012-2013.
A lección inaugural ofreceraa o director xeral de deportes do Comité Olímpico Español, Ricardo Leiva Román, que disertará sobre o tema "Os Xogos Olímpicos, un percorrido pola historia".