Vinte alumnos estrearán a modalidade virtual do grao en Dirección e Xestión Pública
Por Redacción
A partir do próximo curso universitario, o grao en Dirección e Xestión Pública que se imparte no campus de Pontevedra vai a converterse no primeiro de Galicia en estrear unha modalidade virtual. Serán vinte as prazas que oferte a Universidade de Vigo a través desta fórmula.
A elas sumaranse as 25 prazas que seguirán a estar dispoñibles mediante a modalidade presencial, nas aulas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Este será o único cambio que, en materia de graos e mestrados, a institución universitaria ten previsto en Pontevedra para o curso 2020-2021.
A outra gran aposta, a incorporación do grao en Deseño e Creación sufriu un atraso e, en principio, non se poderá ofertar ata o curso que comezará en outono de 2021.
En total, a oferta de novo ingreso de grao acadará o vindeiro curso 3.743 prazas, seis menos que este ano, e 1.763 de mestrados, entre centros propios e adscritos.
O vindeiro curso 2020-2021 será o primeiro no que o sistema universitario galego oferte graos abertos que combinan materias de, como mínimo, tres titulacións da mesma rama de coñecemento.
Non obstante a Universidade de Vigo non porá en marcha esta opción ata o curso 2021-2022. A este respecto, xa hai propostas nos campus de Vigo e Ourense e o equipo reitoral agarda que poida xurdir tamén algunha iniciativa deste tipo no campus de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O grao en Deseño e Creación terá espazos propios no edificio administrativo de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
Dirección e Xestión Pública no campus de Pontevedra será o primeiro grao universitario galego con modalidade virtual
Por Redacción |
-
A Uvigo suspende as probas físicas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Por Redacción |
-
Piden que o grao de Dirección e Xestión Pública conte con facultade propia
Por Redacción |
-
O Consello de Campus aborda a implantación da modalidade virtual de Dirección e Xestión Pública
Por Redacción |
-
O campus de Pontevedra presume de boa saúde e supera os 4.000 alumnos
Por Redacción |