Promoción Económica traballa para que a feira ambulante volva a Rafael Areses o vindeiro 16 de maio
Por Marisa Ciordia
A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra traballa na reapertura da feira ambulante de Rafael Areses para o vindeiro sábado 16 de maio. Unha das premisas coas que se expuxo esta volta á actividade era "que cando se produza, sexa para todos, non con limitacións dunhas porcentaxes que deixasen a uns fóra e a outros non", sinala a concelleira socialista titular deste departamento Yoya Blanco.
Esta circunstancia o que imposibilitará é que se poida reabrir a feira en Estribela, "porque o espazo que se require agora non fai posible a presenza de todos os postos de venda". Non é o caso da que se instala en Rafael Areses, onde en principio hai metros suficientes para que se instalen con garantías os aproximadamente cincuenta postos con licenza que adoitaban acudir.
De feito esta semana, técnicos municipais comprobaban in situ que se poden cumprir os protocolos establecidos sobre acotamiento do recinto, espazos, corredores de entrada e saída a habilitar, etc... a maiores da dotación de medios de protección como luvas e xeles hidroalcohólicos que se ofrecerán.
Desde a outra parte, Margarita González Bértola, presidenta da Asociación Galega de Ambulantes Autónomos, agardan esa data do 16 de maio "con ilusión de que podamos vender e que a xente veña". As semanas de suspensión de mercados ambulantes tamén conleva un pau importante para este colectivo de autónomos que en Galicia rolda as 20.000 persoas.
"É certo que o Goberno nos está a dar un subsidio pero é insuficiente porque todos temos que pagar luz, auga, teléfono, moitos hipotecas; e en canto ao traballo tivemos que pagar autónomos, que aínda que o devolvan tívose que adiantar, hai quen tivo que recorrer a ertes, e agora o día 20 hai que pagar o trimestre do ive... e con eses aproximadamente 600 euros non chega", explica Margarita González.
A estas vicisitudes súmanse as circunstancias en que se produciu o confinamento: "houbo a quen lles pillou coa mercadoría nova comprada que agora lles serviría e outros, como o meu caso, que non puidemos liquidar a tempada de inverno e está aí empantanada e agora hai que saír coa tempada de verán".
Apela á cidadanía a "que acudan como acudían antes porque nós levamos medidas de protección e as persoas van dispoñer delas tamén. Hai que concienciarse porque a vida segue, e igual que se sae ao supermercado, á froitería, á farmacia ou a pasear tamén se pode acudir á feira".
Relacionadas:
-
Estribela recuperará o mércores o seu mercado ambulante
Por Redacción |
-
O primeiro día da feira ambulante tras o estado de alarma desenvolveuse "con total tranquilidade"
Por Almu Dapena |
-
Flores, plantas, froitas e verduras volven ao mercado ambulante de Marín este próximo xoves
Por Redacción |
-
Vendedores do mercado ambulante de Combarro, obrigados a usar máscaras de protección e luvas
Por Redacción |
-
Ninguén pagará ningún imposto, taxa ou prezo público, segundo Lores, durante o estado de alarma
Por Alejandro Espiño |
-
Decretan a suspensión dos mercados de venda ambulante e pechan os parques infantís de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere ter en vigor a nova ordenanza de venda ambulante antes do verán
Por Redacción |