Marín extrema as precaucións para autorizar a venda de verduras na Praza de Abastos
Por Redacción
O Concello de Marín permitirá a venda dos excedentes de produtos agrícolas no multiusos da Praza de Abastos pero establece unha serie de requisitos para garantir a seguridade de vendedores e compradores. A concelleria de Comercio, Cristina Acúa, explicou que só estará autorizada a venda tres días á semana (martes, xoves, sábados e vésperas de festivos) e os postos terán que estar separados entre 4 e 6 metros.
En total haberá entre 20 e 25 vendedores entre os que terán prioridade aqueles que estean empadroados en Marín. Os procedentes doutros municipios poderán ocupar un espazo no Multiusos ou no patio norte, novo lugar habilitado para posibilitar a necesaria separaación entre postos, sempre que exista algunha vacante. Pola contra, permitirase a súa localización na contorna de Lameiriña respectando todas as medidas de seguridade.
A montaxe dos postos debe comezar antes das 8.30 horas, de estar baleiro despois desa hora procederase ao sorteo do espazo con presenza do conserxe. Doutra banda, Acuña lembra que se abrirá un prazo para que os vendedores acheguen a información necesaria acerca da localización da parcela na que cultivan os seus produtos e terán que darse de alta no Rexistro de Venda Directa da Xunta de Galicia que regula esta actividade.
O uso de máscaras, luvas e xel desinfectante será obrigatorio e os clientes terán prohibido manipular o produto.
Relacionadas:
-
O persoal do Concello de Marín volverá á actividade por quendas e con medidas de seguridade
Por Redacción |
-
Unha ducia de locais instalan terrazas no casco urbano de Marín no primeiro día da fase 1
Por Redacción |
-
O luns abre o prazo para que a hostalería de Marín solicite a ampliación de terrazas
Por Redacción |
-
Marin en Rede pon cara ao comercio local para apoiar a economía do municipio
Por Redacción |
-
Nace 'Marín en Rede', un espazo para dixitalizar o comercio e a hostalería local
Por Redacción |
-
Marín suprime o pago de impostos a comercios e locais de hostalería durante o estado de alarma
Por Redacción |