O Concello de Poio perfilará a ampliación das terrazas co sector hostaleiro
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio convocará a vindeira semana unha serie de asambleas, vía telemática, nas que invita a tomar parte a profesionais do sector da hostalería do municipio.
Trátase dunha iniciativa cun dobre obxectivo, xa que, por unha banda, pretende servir para informar aos responsables destes negocios do documento polo que se rexerá a instrución que permitirá a ampliación temporal de espazos para a instalación de terrazas, que desde a entrada na fase 1 da desescalada poderanse ocupar ao 50%. Por outro lado, tamén servirá para coñecer a intención do sector de reiniciar a actividade e resolver dúbidas e consultas.
O Goberno municipal lembra que esta é unha fórmula de carácter excepcional, que terá vixencia mentres duren as limitacións de aforo e ata que se complete o proceso de desescalada, e que busca facilitar e axilizar, na medida do posible, a reactivación económica do sector. Na elaboración deste documento participan todos os grupos da Corporación municipal. Está previsto que a principios da vindeira semana se celebre unha Xunta de Voceiros para dar forma ao documento. Será a partir de entón cando se comecen a realizar as reunións telemáticas cos representantes do sector hostaleiro.
Deste xeito, as persoas responsables dos establecementos hosteleiros interesadas en conectarse a estas videoconferencias deberán enviar un correo electrónico á dirección participacion@concellopoio.gal , a través do cal se poderán inscribir na asamblea e se lles dará traslado das convocatorias e da plataforma informática que se utilizará.
Está previsto que nestas reunións participen o alcalde, Luciano Sobral; a concelleira de Turismo, Silvia Díaz, Gregorio Agís, responsable de Promoción Económica e Urbanismo, e a delegada de Seguridade Cidadá, Marga Caldas.
Ademais, tamén é posible obter máis información chamando ao teléfono do Consistorio 986770001 ou ao 604037260, habilitado no seu momento para achegar información vencellada ao estado de alarma.
Relacionadas:
-
Aprobada a ampliación do espazo para terrazas en Poio
Por Redacción |
-
Poio expón axudas fiscais, formación e promoción virtual para axudar ao sector turístico local
Por Redacción |
-
Poio informa o sector hostaleiro da nova normativa temporal
Por Oskar Viéitez |
-
Vilagarcía autoriza os hostaleiros para ocupar máis espazo para ampliar o número de mesas das súas terrazas
Por Redacción |
-
Coa fase 1, volven o mercado de Combarro, a biblioteca e un horario amplo para o cemiterio de Poio
Por Redacción |
-
Poio regulará a ampliación do espazo a ocupar polas terrazas dos negocios de hostalería
Por Redacción |
-
Poio quere ampliar os espazos para terrazas de establecementos de hostalería
Por Redacción |