Cinco casos activos de coronavirus máis que o venres cun único hospitalizado no Domínguez
Por Diego Espiño
Os datos oficiais relativos á COVID-19 ofrecidos este sábado 9 de maio pola Consellería de Sanidade reflicten un leve incremento de casos na área sanitaria, que se sitúa con 147 casos activos, 5 máis que o día anterior.
Esta cifra con todo non se traduce en novas hospitalizacións, manténdose un único paciente ingresado no QuirónSalud Miguel Domínguez e estando libres por tanto de afectado por coronavirus os centros de Montecelo e O Salnés.
De todos estes casos 146 persoas recupéranse nos seus respectivos domicilios, aínda que se dá a curiosidade de que a cifra de curados desde o inicio da pandemia sufriu un retroceso dunha persoa con respecto ao venres, cun total de 663 recuperados. A cifra de falecidos na área sanitaria pola súa banda segue sendo de 16.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.758, dos que 650 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 426 da de Ourense, 754 da área de Vigo, 500 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 24 permanecen en UCI, 183 están en unidades de hospitalización e 2.551 no domicilio. Por agora, na comunidade hai un total de 7.225 persoas curadas, rexistrándose 591 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 113.167 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 1,4% do total das persoas residentes. Hai un total de 348 usuarios e 236 profesionais contaxiados e faleceron 132 persoas en residencias e 135 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web específica, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Balance de coronavirus na área sanitaria: 110 casos activos e 3 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Descenso de casos activos de coronavirus na área sanitaria con 123 en total, 4 deles hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
Os hospitalizados por coronavirus volven subir na área sanitaria: catro pacientes ingresados en planta
Por Natalia Puga |
-
"Somos a área sanitaria con menor número de falecidos de Galicia", destaca o xerente de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Xa non hai ningún paciente COVID positivo hospitalizado en Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Novo descenso de positivos por coronavirus na área sanitaria, con 151 casos activos e só tres pacientes no hospital
Por Natalia Puga |
-
Balance do coronavirus na área sanitaria: dez pacientes curados e cinco casos activos máis nun día
Por Natalia Puga |