A atención ao público regresa ao Concello de Cuntis aínda que só para casos urxentes
Por Redacción
Coincidindo coa entrada da fase 1 da desescalada, o vindeiro luns 11 de maio, o Concello de Cuntis reiniciará a atención presencial para xestións administrativas.
Así o confirmou o goberno local, aínda que puntualizando que é unha medida pensada "unicamente para casos urxentes e debidamente xustificados", polo que aconsella continuar cos trámites telemáticos na medida do posible.
Para poder acollerse a esta opción presencias, será necesario solicitar cita previa no teléfono 986 54 80 05, e ademais será obrigatorio acudir ao Concello con máscara.
APERTURA DE TERRAZAS
Así mesmo o Concello de Cuntis informou aos establecemento de hostalería do municipio de que se teñen previsto abrir as súas terrazas coas medidas de prevención e limitación de aforo establecidas na fase 1 deberán comunicalo á administración local.
Será o Concello o que certifique que se cumpren as condicións necesarias para a viabilidade da apertura.
As comunicacións deberán realizarse a través dos teléfonos 986 54 80 05 ou 615 19 33 91.