Marín en Rede estrea a súa web con información multimedia dos negocios adheridos
Por Redacción
'Marín en Rede', a plataforma do Concello de Marín orientada á dixitalización e a visibilidade da economía local da vila, xa ten habilitada a súa páxina web.
Está distribuída en varias seccións. Conta cun directorio dividido por categorías, no que cada un dos negocios, comercios e locais adheridos conta cunha ficha individualizada, que funciona case como unha 'mini-web' propia.
Nelas aparece unha pequena descrición do negocio, os servizos e produtos que pon ao dispor dos consumidores, o seu horario de apertura e os medios de contacto. Ofrece ademais unha pasarela directa para escribir por Whatsapp ou enviar un e-mail no caso de querer usar esas vías.
A páxina web, conta ademais cun espazo dedicado a explicar en que consiste esta plataforma, e cun blogue, no que se colgarán as novidades máis relevantes para os sectores do comercio e da hostalería, que poderán adherirse sempre que queiran completando o formulario habilitado.
Esta iniciativa, lanzada polo Concello como medida do seu Plan de Reactivación Local, súmase á estreada esta semana, #PonllesCara, na que os negocios contarán cun vídeo personalizado de presentación do seu comercio.
En canto á reapertura dos locais de hostalería, o Concello informa de que Marín en Rede ofrece a posibilidade de colgar a súa carta na súa ficha, de tal maneira que poida consultar comodamente desde o móbil, evitando o contacto coas cartas tradicionais, que deberían ser desinfectadas despois de cada uso.
Desta maneira, aqueles locais que estean adheridos poderán escribir directamente ao mail contacto@marinenrede.com, achegando un documento de Word ou de PDF o contido da súa carta, con referencia de prezos preferiblemente.
Relacionadas:
-
63 novas altas en Marín en Rede, que se afianza como escaparate para o comercio local
Por Redacción |
-
Marín contará cun autocine o próximo 10 de outubro
Por Redacción |
-
O Pleno de Marín aproba o Plan de reactivación do comercio local
Por Redacción |
-
Unha ducia de locais instalan terrazas no casco urbano de Marín no primeiro día da fase 1
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín cre que o plan de impulso ao comercio é "pouco ambicioso e moi desigual"
Por Oskar Viéitez |
-
Marin en Rede pon cara ao comercio local para apoiar a economía do municipio
Por Redacción |
-
Marín reparte máscaras e pantallas entre os negocios que reinician a súa actividade
Por Redacción |
-
Nace 'Marín en Rede', un espazo para dixitalizar o comercio e a hostalería local
Por Redacción |