O Grove avanza nunha plataforma de venda online para o comercio local
Por Redacción
A concelleira de Xuventude e Dinamización Económica de O Grove mantivo esta semana novas reunións para a concreción do Plan de Reactivación da Economía Local que ten como eixo fundamental a creación da plataforma de venda dixital do comercio local.
Con esta inciativa, o Concello pretende dotar aos comercios do Grove dunha nova ferramenta que dinamice a súa actividade e faga fronte as limitacións que, previsiblemente durante varios meses, van a ter que afrontar en canto aforo e incluso seguridade, facilitándolles o traballo e permitindo que os consumidores sigan comprando no comercio local, evitando a súa fuga cara plataformas comerciais foráneas.
Por iso, a concelleira, ademais de reunirse coas asociacións comerciais locais (Emgrobes e Grovemakers), este luns informará ás vendedoras e vendores da praza de abastos, que tamén están incluídos no proxecto.
O seguinte paso, será informar a totalidade dos comerciantes, tanto os que forman parte como os que non das asociacións, para o cal se empregará o sistema de circular escrita que se distribuirá entre os negocios a partires do luns aproveitando a reapertura.
Deste xeito, ademáis de comezar o censo dos participantes no proxecto, teñen previsto que tamén a próxima semana, se inicien as formacións para que os profesionais do sector comercial vaian contando con información clara das posibilidades que lles ofrecerá o novo sistema e os obxectivos do mesmo.
Tal e como explican dende o Concello, todos estes pasos estanse avanzando de xeito paralelo á creación do soporte técnico da plataforma, cuxos avances serán puntualmente informados.
Por último, recordan que están apoiando as campañas de promoción postas en marcha por iniciativas colectivas privadas como 'Merca no Grove', e animan aos comerciantes a aportar calquera outra idea que poida enriquecer o plan estratéxico de recuperación que o Concello está poñendo en marcha.
Relacionadas:
-
Multiplícanse as demandas de axuda aos servizos sociais do Grove con motivo da COVID-19
Por Redacción |
-
O Grove adquire ordenadores portátiles para ceder a estudantes de familias sen recursos
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove proxecta a creación dunha plataforma de venda online do comercio local para saír da crise
Por Redacción |