Sanxenxo prevé reabrir o mercado ambulante e os camposantos
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo anunciou que ten previsto reabrir o mercado ambulante de Portonovo e os camposantos a partir deste luns 11 de maio, coincidindo co paso á fase 1 da desescalada.
A reapertura será con todas as medidas de seguridade e cun aforo máis reducido que o máximo esixido. Así, dos 159 postos que teñen praza no mercado tan só os de alimentación, 19, poderán retomar, se finalmente é posible, a actividade durante esta primeira semana dando prioridade ao sector de alimentación como marca o decreto.
Desta maneira, o persoal municipal, acompañado da Policía Local, acudirá o luns á primeira hora da mañá para delimitar a distancia de seguridade entre postos e comprobar que se cumpren as garantías sanitarias, así como as medidas hixiénicas esixidas.
Nesta primeira fase que durará polo menos quince días, está permitido o 25% do aforo, polo que a Concellería de Promoción Económica dirixida por Marcos Guisasola, prevé incrementar o número de postos e baralla distintos criterios de selección. En calquera caso, os corredores de tránsito deberán
ter unha anchura de polo menos catro metros.
En canto aos cemiterios municipais, o Concello de Sanxenxo ten previsto abrir as portas para partir do luns, polo que o goberno local reforzou a limpeza tanto interior como exterior dos mesmos con brigadas de desinfección que se encargan da hixiene destas zonas. Tamén as igrexas serán obxectivo dunha profunda desinfección dos seus accesos ao ser espazos moi concorridos.
Relacionadas:
-
Amplían 2.000 metros o espazo do mercadillo de Baltar para cumprir a distancia de seguridade entre postos
Por Redacción |
-
Flores, plantas, froitas e verduras volven ao mercado ambulante de Marín este próximo xoves
Por Redacción |
-
Sanxenxo reactívase coa chegada da fase 1 da desescalada
Por Redacción |
-
Sen clientes, só tres hoteis abrirán este luns en Pontevedra
Por María José Pita |
-
Haberá acomodadores para controlar o aforo de Silgar
Por Oskar Viéitez |
-
En Sanxenxo xa hai hoteis co cartel de "completo" para todo o mes de agosto
Por Oskar Viéitez |