Dous meses despois, volven estar permitidas as queimas forestais e agrícolas
Por Redacción
A suspensión de realizar queimas decretada o 16 de marzo a raíz da activación do estado de alarma para frear o avance do coronavirus queda sen efecto desde este luns. Desta maneira, xa poden solicitarse de novo autorizacións para queimas en terreos forestais e efectuarse comunicacións para as rexistradas en parcelas agrícolas.
Segundo informou a Xunta de Galicia, decidiuse tramitar de novo as queimas en terreos agrícolas e forestais pola propia extensión da duración temporal do estado da alarma, polos datos de evolución positiva da emerxencia sanitaria e polas últimas medidas adoptadas polo Goberno central.
De momento, seguen sen estar abertas ao público as oficinas dos distritos e servizos de prevención de defensa de incendios, de maneira que os interesados en facer estes trámites poderán utilizar dúas vías: chamar ao teléfono 012 ou vía telemática dende o enderezo web https://queimasweb.xunta.gal.
En relación coas autorizacións xa notificadas e as comunicacións xa efectuadas que quedaran sen efecto durante a emerxencia sanitaria, os interesados deberán solicitar nova autorización ou realizar nova comunicación para levar a cabo a queima.
Relacionadas:
-
Os bombeiros forestais alertan do risco das queimas agrícolas, que provocaron dous incendios esta semana
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Caldas volverá ter brigada contra lumes forestais este verán
Por Redacción |
-
Permitido o desprazamento a hortas de autoconsumo no concello de residencia
Por Oskar Viéitez |
-
Medios terrestres e aéreos sufocan un incendio en Cerponzóns, o primeiro do ano en Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada