O PSdeG esixe explicacións á Xunta pola "adxudicación irregular" dos Baños de San Xusto

Por Redacción
A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, esixiu este martes "explicacións" á Xunta pola "adxudicación absolutamente irregular" dos Baños de San Xusto ao Concello de Cerdedo-Cotobade como así fai constar o propio Defensor do Pobo no seu informe.
"É tan contundente que lles debería caer a cara de vergoña. Foi tan irregular que resulta escandaloso ata para o nivel ao que nos ten acostumados o PP", destacou a dirixente socialista pontevedresa, quen reclamou ao goberno de Feijóo que "explique e aclare a falla de transparencia" na tramitación.
"Por que se fixo unha adxudicación directa, sen dar a outros concellos posibilidades de acceder a esta subvención? Por que o convenio non figura no rexistro un ano despois da súa firma? Por que non aparece no DOG nin o beneficiario da subvención, nin o texto do convenio nin a memoria de actividades?", inquiriu.
"Dende o PSdeG sempre estivemos a favor destas obras, en liña cos compañeiros socialistas en Cerdedo-Cotobade", asegurou Paloma Castro, consciente de que son "beneficiosas", pero deixou claro que "a legalidade está por riba de todo".
"Feijóo ten que aclarar o procedemento", finalizou.
Relacionadas:
-
Cubela esixe a retirada do informe do PSOE contra os Baños de San Xusto tras comprobarse a súa legalidade
Por Redacción |
-
O BNG defende o proxecto termal de San Xusto pero pedirá máis información sobre o seu financiamento
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade esixe a revogación do ditame do Defensor del Pueblo sobre a obra nos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
A Xunta rexeita a solicitude do Defensor de anular o convenio dos Baños do San Xusto
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide a Cubela que aclare como reformará os Baños de San Xusto se perde a subvención
Por Redacción |
-
Cubela acusa o PSOE local de "traizoar o pobo" na polémica pola obra dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Jorge Cubela defende que o Defensor do Pobo non pode admitir denuncias de administracións públicas
Por Redacción |
-
Primeira acción reivindicativa en Cerdedo-Cotobade para defender a rehabilitación dos Baños de San Xusto
Por Redacción |