Instalan arcos para desinfectar os vehículos antes de entrar no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas quere destacar como o municipio con máis propostas orixinais para facer fronte o coronavirus. Se o goberno local instalara fontes desinfectantes para que a cidadanía lavase as súas mans e manter así a hixiene precisa ante a pandemia, este martes 12 pasará a ser lembrado pola veciñanza como o día en que se instalaron os arcos de desinfección para vehículos.
O arco pulveriza unha solución sobre os vehículos que pretendan acceder ao centro urbano de Ponte Caldelas. O primeiro xa se atopa instalado no acceso desde Pontevedra, á altura da rotonda de Cuñas na estrada PO-532.
O sistema foi inventado, deseñado e fabricado polo equipo de operarios municipais, coa colaboración dos concelleiros Pepe Garrido, Enrique Vidal e o alcalde Andrés Díaz.
Estes arcos ocupan un carril de circulación cunha altura de 5 metros para que tanto turismos como camións poidan acceder sen dificultades e desinfectarse. Unha fotocélula detecta o vehículo e emite unha pulverización de hipoclorito e auga. O produto non é daniño para as carrocerías xa que o produto desinfectante atópase diluído nun 98% de auga.
Recoméndase que ao pasar por baixo destes elementos se pechen os portelos do transporte e se reduza a velocidade ata 10 km/ h para que o produto sexa efectivo.
A idea do goberno local é que este dispositivo reforce a seguridade tanto dos habitantes como dos visitantes. Tamén está prevista a instalación dun segundo arco no acceso pola rotonda de Pazos, na PO-255.
A medida pioneira do Concello de Ponte Caldelas foi trasladada á Xunta de Galicia, titular destas estradas, e ao xefe provincial da Axencia Galega de Infraestruturas. Segundo expón Andrés Díaz. esta idea foi ben acollida pola administración autonómica.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas instala en Chan da Barcia un dos arcos desinfectantes retirados
Por Redacción |
-
Dan tres días de prazo para que o Concello de Ponte Caldelas retire os arcos desinfectantes instalados en dúas estradas da Xunta
Por Redacción |
-
A Troita de Ponte Caldelas tamén se pon a máscara
Por Redacción |
-
Segundo arco desinfectante para vehículos en Ponte Caldelas, malia o aviso da Xunta de que carecen de autorización
Por Redacción |
-
A Xunta advirte a Ponte Caldelas que os arcos desinfectantes requiren un permiso que non solicitou
Por Redacción |
-
O Consistorio de Ponte Caldelas segue a prepararse para a atención aos cidadáns
Por Redacción |
-
Completan a instalación en Ponte Caldelas das 'fontes desinfectantes' de xel hidroalcólico
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas instala fontes desinfectantes nos polos comerciais da vila
Por Redacción |