VÍDEO.- Un turismo dá tres voltas de campá na AP-9 á altura de Barro e deixa tres persoas feridas
Por Redacción
Tres persoas resultaban feridas na tarde deste martes cando circulaban pola AP-9 nun turismo. Por causas que se investigan, o vehículo saía da calzada e daba tres voltas de campá.
Segundo informa o Servizo de Emerxencias 112 Galicia, uns particulares alertaban ás 17.00 horas deste accidente que se producía no punto quilométrico 120 da autoestrada ao seu paso por Portela, en Barro.
Ata o lugar do suceso desprazábanse ambulancias do servizo de Urxencias Sanitarias do 061, ademais de axentes da Garda Civil de Tráfico.
Desde o 112 tamén se informaba aos Bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía por se era necesario que acudisen ata o lugar para excarcerar, pero os tres ocupantes non se atopaban atrapados no interior do vehículo. Tamén se avisaba ao servizo de mantemento da AP-9 para limpar a vía.
Segundo informou a Garda Civil os feridos, un con prognóstico grave e dous leves, foron evacuados ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.