Ence reforza as súas accións en Pontevedra na loita contra o coronavirus
A industria da madeira, o papel e a celulosa está a xogar un papel moi importante na dotación de recursos para afrontar a actual crise sanitaria. Cabe lembrar que con celulosa se fabrican produtos sanitarios e de hixiene imprescindibles, como son as máscaras protectoras, as caixas de medicamentos, o papel hixiénico ou os panos de papel.
Desde a declaración do estado de alarma, a biofábrica de Ence Pontevedra vén realizando diferentes accións na comarca para contribuír á loita contra o coronavirus, como son as doazóns de material para hospitais ou medidas en apoio do tecido empresarial, entre outras.
DOAZÓN DE MATERIAL SANITARIO
Ence e a empresa produtora de papel tisú Kartogroup doaron no último mes 24 toneladas de material sanitario, producidos con celulosa da biofábrica de Lourizán a partir de madeira galega. Este material está ya a disposición de diversos centros sanitarios da provincia de Pontevedra.
A entrega consistiu en dous camións de papel para uso sanitario, como rolos de papel hixiénico e secamáns, a 44 centros de atención primaria e aos hospitais de Montecelo, Provincial e Salnés.
A pasta de papel doada é do tipo TCF, siglas que significan "totalmente libre de cloro", xa que a planta de Lourizán é unha das dúas únicas de Europa que utiliza este procedemento sostible e respectuoso co medioambiente.
Deste xeito, Ence e Kartogroup suman esforzos na loita contra o coronavirus dada a importancia que nesta situación cobra garantir a subministración ós centros sanitarios de produtos celulósicos, especialmente de papel tisú, principal destino da celulosa de Ence, necesario nas medidas hixiénicas necesarias para previr e combater ao coronavirus.
APOIO DIRECTO ÁS EMPRESAS LOCAIS
Ence mostra tamén o seu firme compromiso coas pequenas e medianas empresas locais de Pontevedra para tentar paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria.
Este apoio materializouse na recente compra, á empresa Albino González, de 30.000 máscaras confeccionadas con tea homologada TNT (téxtil non tecido), de acordo á guía técnica do Ministerio de Industria.
Este pequeno negocio situado en Pontevedra vén de reinventarse para subsistir ante a situación actual. Tras 50 anos adicándose á xastrería de cabaleiro a través da firma Confecciones Story, Albino González comezou a confeccionar máscaras, batas ou pixamas hospitalarios. A compra por parte de Ence desta partida de máscaras supón un empuxe para esta empresa familiar xa que, segundo admitía a súa actual propietaria, Silvia González "se non chegamos a adaptarnos, a empresa bota o peche definitivo en menos dun mes, deixando sen emprego a 11 traballadores".
A situación actual provocou que miles de empresas se viran obrigadas a cesar a súa actividade durante o confinamento, o que podería desembocar, en moitos casos, no peche definitivo dos negocios. Neste contexto, o pequeno comercio foi o máis castigado pola emerxencia sanitaria. Segundo calcula CEPYME (Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa), en torno ao 60% das PEMES atópase en situación de risco en España, o que supón ao redor de 300.000 empregos. De feito, só na comarca de Pontevedra, o paro aumentou máis dun 4%, sumando un total de 13.037 desempregados, dos cales preto de 5.800 pertencen á cidade do Lérez.
2.000 METROS DE TEA PARA MÁSCARAS
Ademais do apoio ao tecido empresarial, Ence tamén mostra o seu compromiso coa cidadanía a través da doazón de 2.000 metros de tea para axudar a confeccionar máscaras protectoras no municipio de Pontevedra.
Neste caso, a empresa papeleira respondeu á petición dun grupo de veciñas pontevedresas, as cales puxeron en marcha unha iniciativa solidaria para confeccionar máscaras de forma totalmente altruísta. A entrega consistiu nunha bobina de tea homologada téxtil non tecida (TNT) para axudalas no seu labor.
Marieli Touza, María Rey e Marga Soliño foron as artífices deste proxecto solidario, ás que se foron sumando ao redor de 25 persoas máis. Grazas ás doazóns de empresas do municipio, como Ence ou Tegal, este grupo de pontevedresas conseguen os recursos necesarios para confeccionar as máscaras.
Este proxecto, que foi crecendo co paso das semanas, nutriuse principalmente do boca a boca e da difusión en redes sociais, ademais de contar coa colaboración de asociacións culturais e de veciños, as cales fixeron posible chegar a un amplo abano de pontevedreses que non dispoñen deste material básico de protección ante o coronavirus.
Estas iniciativas solidarias son un exemplo do labor de Ence en apoio á economía local e a sociedade pontevedresa. O compromiso da compañía coa contorna da súa biofábrica de Lourizán é unha prioridade. Así o evidencia tamén o Plan Social de Ence Pontevedra, co que, ano tras ano, Ence contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A importancia da celulosa para superar a crise económica
Por Noticia patrocinada |
-
A fábrica de Ence en Lourizán contratará a 16 titulados en segundo ciclo de FP
Por Oskar Viéitez |
-
Ence Pontevedra segue xerando emprego durante a crise sanitaria
Por Noticia patrocinada |
-
A estratexia verde da UE para a recuperación tralo coronavirus chega á industria pontevedresa
Por Redacción |
-
Ence: Produtos hixiénicos e sanitarios básicos fabricados con celulosa
Por Noticia patrocinada |
-
O modelo Ence: sustentabilidade como prioridade estratéxica e contribución á Economía Circular
Por Noticia patrocinada |