Esixen á Xunta a apertura inmediata do consultorio médico de Ponte Sampaio
Por Redacción
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, mantivo contacto co Servizo Galego de Saúde en dúas ocasións nos últimos días para reclamar a apertura inmediata do consultorio médico de Ponte Sampaio. Sinala que, nestes momentos, a actividade sanitaria dese núcleo de poboación non se atopa atendida causándolle importantes prexuízos.
O Concello de Pontevedra explica que co inicio do estado de alarma decretado polo Goberno central, o Sergas decidía retirar ao facultativo do consultorio que dá servizo a esta parroquia e mantiña só a atención a través dun enfermeiro.
Este luns 11 retirábase tamén a este profesional de enfermería que se encargaba de facer probas entre a poboación desta zona. Esta situación xerou preocupación na parroquia e, segundo o goberno local, numerosos habitantes trasladaron o seu malestar ao Concello ante esta decisión.
Agora, a poboación da parroquia vese obrigada a trasladarse a Pontevedra para acudir ao servizo de atención primaria nun momento no que, segundo expoñen desde a alcaldía, débese respectar ao máximo as medidas de confinamento domiciliario e evitar traslados deste tipo.
Ademais, desde o goberno local de Pontevedra alertan de que a gran parte dos pacientes do consultorio son persoas de idade avanzada, con casos onde se superan os 90 anos, e que están considerados de alto risco ante a posibilidade dun contaxio da COVID-19.
Relacionadas:
-
O Sergas só devolverá o médico ao consultorio de Ponte Sampaio se o Concello lle cede o edificio anexo
Por Redacción |
-
Recollen máis de 600 sinaturas nun día para reclamar a apertura inmediata do consultorio médico de Ponte Sampaio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas non retomará a actividade no consultorio de Ponte Sampaio ata a fin da pandemia
Por Redacción |
-
O Sergas proxecta retomar a normalidade da Atención Primaria "a medio prazo"
Por Redacción |
-
Hixiene e distanciamento social, os dous xestos a repetir contra o coronavirus
Por Redacción |