Cinco operarios desinfectan as escolas infantís municipais coa intención de abrir o 25 de maio
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo espera que o 25 de maio se abran as escolas infantís e, por este motivo, este xoves 14 unha brigada de cinco operarios municipais iniciarán as actividades de desinfección e higienización de espazos interiores e exteriores das dúas garderías municipais.
Esta brigada comezará pola escola do Tombo con tarefas de limpeza exhaustiva de chan e paredes, cadeiras, mesas, xoguetes e aparellos das zonas de xogo. Tamén se lavarán as mantas e as pezas de bebés.
A partir da próxima semana, a brigada trasladarase ata a escola do Revel realizando os mesmos traballos.
Esta actividade súmase á desinfección que se realiza en horario de mañá e tarde dos centros educativos nos que se atopa o persoal directivo atendendo a familiares que, de forma presencial, queren formalizar as matrículas.
O Concello de Sanxenxo lembra que para realizar este trámite de matriculación debe acudir unha soa persoa e terá que manter a distancia de seguridade. Recoméndase o uso de máscara.
Relacionadas:
-
Sacan a licitación a xestión das escolas infantís de Sanxenxo por 2,3 millóns de euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo incorpora vinte operarios de xardíns, praias e servizos ao seu persoal municipal
Por Redacción |
-
Abre o prazo para matricular a menores nas escolas infantís públicas e concertadas
Por Redacción |
-
Establecen un protocolo para formalizar matrículas nos centros escolares de Sanxenxo a partir do luns 11
Por Redacción |