Marín mantén baixo control as súas poboacións de pombas e gaivotas
Por Redacción
O servizo de control poboacional de gaivotas e pombas contratado polo Concello de Marín inicia o seu quinto ano consecutivo co obxectivo de manter e reducir o número de individuos destas aves naquelas zonas máis afectadas.
A empresa encargada de realizar esta campaña, Larus Control, detalla que no que vai de segundo trimestre do 2020 foron capturadas 433 pombas para manter a poboación desta especie no centro urbano marinense ao redor dos 300 exemplares.
Doutra banda, desde a empresa afirman tamén que ao longo dos últimos anos a colaboración veciñal para o control de niños de gaivota patiamarela tamén se incrementou de forma notable.
Os resultados da campaña de control das poboacións de pomba permitiron reducir en tres anos o número de individuos en 1.700, pasando das máis de 2.000 pombas censadas ao comezo do 2015 ás 300, que se manteñen durante os últimos exercicios.
No referente ás gaivotas, ao longo do 2019 os técnicos puideron comprobar como a poboación de parellas reprodutoras reduciuse considerablemente, un feito que relacionan coa falta de exemplares novos que colonicen novas zonas de cría. Ao longo do ano pasado, os traballadores visitaron 237 tellados para retirar 144 niños, 197 ovos e 67 pitos.
Outras medidas adoptadas polo Concello que contribuíron a manter baixo control a estas aves foron, por unha banda, a retirada de lixo da contorna do mercado de abastos, que supuxo a eliminación dun importante punto de alimentación de gaivotas; e por outro, a información a propietarios de edificios en mal estado con pombais incontrolados da necesidade de tomar as medidas de control oportunas.
Relacionadas:
-
Marín retomará en maio o control de pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
Marín retira 100 niños de gaivota e limita a 300 exemplares a poboación de pombas
Por Redacción |
-
As campañas de control permitiron reducir de 2.000 a 350 a poboación de pombas en Marín en catro anos
Por Redacción |
-
Marín instala unha gaiola na azotea do mercado para atrapar pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
Marín controla as gaivotas e as pombas para evitar a superpoboación
Por Redacción |
-
As campañas de control de gaivotas e pombas de Marín reduciron a poboación en 1.500 aves en tres anos
Por Redacción |