Apenas un 2% dos pontevedreses xerou anticorpos contra o coronavirus
Por Alejandro Espiño
A ansiada "inmunidade de rabaño", o número suficiente de persoas protexidas contra unha enfermidade e que actúan como freo para que o virus alcance aos que non foron nunca infectados, está moi lonxe en España.
Só o 5% dos españois, uns dous millóns de persoas, tiveron contacto co coronavirus e xeraron anticorpos, segundo os datos preliminares do estudo de seroprevalencia que fixeron o Ministerio de Sanidade e o Instituto de Saúde Carlos III en máis de 36.000 fogares.
Este estudo para medir o nivel de inmunidade dos españois fronte á COVID-19 deixa datos moito máis preocupantes como Galicia, onde tan só un 2,1% da poboación pasaría o virus. A porcentaxe é lixeiramente superior, un 2,3%, na provincia de Pontevedra.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, explicou que para que exista esta inmunidade grupal requírese que haxa preto dun 60% da poboación con anticorpos.
"Podería haber un repunte da infección se se multiplicasen os contactos coas persoas que son portadoras do virus. Non sabemos que vai pasar", engadiu a directora do Centro Nacional de Epidemiología, Mariña Pollán.
Os primeiros datos deste estudo non aprecian que a COVID-19 teña maior ou menor incidencia en base ao sexo do paciente. É menor en bebés, nenos e en mozos e permanece bastante estable en grupos de máis edad. Ademais, existe unha "gran variabilidade xeográfica" con sete provincias con máis do 10% de cidadáns con anticorpos.
Desta investigación, ademais, despréndese que a taxa de letalidade do coronavirus en España foi do 1,15%.
Relacionadas:
-
Só un 2% dos pontevedreses ten anticorpos diante do virus
Por Oskar Viéitez |
-
Só o 1,35% da poboación da área sanitaria éstá inmunizada fronte o coronavirus, segundo o estudo do Sergas
Por Redacción |
-
Investigadores do CSIC ven "moi pouco probable" infectarse da COVID-19 con baños en praias ou piscinas
Por Redacción |
-
O estudo epidemiolóxico do coronavirus arranca sen incidencias en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Galicia fará as probas do coronavirus a 100.000 galegos para estimar a poboación "inmunizada"
Por Alejandro Espiño |