Máscaras de protección integral facial para os taxistas de Poio
Por Redacción
Os taxistas de Poio terán á súa disposición máscaras de protección integral facial para protexerse dos posibles contaxios de coronavirus mentres realizan os seus servizos habituais.
O Concello de Poio puxo a disposición dos taxistas do municipio este material de protección de tal maneira que os profesionais interesados en obtelo poderán solicitalo nas dependencias da Policía Local, amosando as pertinentes credenciais que certifiquen a súa actividade.
A entrega deste material non é novidosa en Poio, pois o Concello xa entregou este tipo de unidades nas últimas semanas entre diferentes colectivos e traballadores que, debido á súa actividade, están máis expostos ante o coronavirus. Así, por exemplo, tamén se ofreceron aos profesionais con salóns de peiteado.