O Sergas non retomará a actividade no consultorio de Ponte Sampaio ata a fin da pandemia
Por Redacción
Ante as demandas da cidadanía e do propio Concello de Pontevedra para que se restablecese o funcionamento habitual do consultorio médico da parroquia de Ponte Sampaio, o Servizo Galego de Saúde informa nunha nota que "no marco do seu plan de reactivación asistencial gradual en Atención Primaria e condicionada pola actual pandemia de coronavirus, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés estuda varias posibilidades de achegar provisionalmente a cobertura de Atención Primaria á parroquia pontevedresa de Pontesampaio, dado que se atopa a 13 km. do seu centro de saúde de referencia -Virxe Peregrina-".
O Sergas non detalla cales son as alternativas ao actual peche do consultorio médico, motivado pola falta de espazo suficiente nas súas instalacións para adaptalo ás medidas de seguridade que obriga a crise sanitaria derivada da COVID-19.
"Tendo en conta os condicionantes preventivos vixentes no actual estado de alarma, a distribución de espazos do consultorio de Ponte Sampaio non cumpre os requisitos mínimos para desenvolver a actividade de Atención Primaria asegurando a minimización de riscos para os traballadores e pacientes, xa que non ten posibilidade de habilitar sala de illamento, dobres circuítos nin dispoñer de persoal de soporte que realice un triaxe á entrada", infórmase desde a dirección da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Desde o servizo público reitérase que o plan de reactivación asistencial en Atención Primaria na área sanitaria "é flexible e provisional, cara a adaptarse á situación epidemiolóxica de cada distrito sanitario en cada momento e dar resposta así ás súas necesidades". Xa que logo, os cambios realizados nalgúns centros de saúde por mor do estado de alarma serán reversibles cando a situación provocada polo coronavavirus o permita "ata retomar con garantías de seguridade para pacientes e profesionais a situación anterior ao inicio desta pandemia", recalcan dende o Sergas.
Relacionadas:
-
O PP súmase á petición do Sergas e reclama ao Concello que ceda o edificio anexo ao consultorio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O Consultorio de Ponte Sampaio reactivará a actividade de Enfermería o vindeiro 1 de xuño
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Recollen máis de 600 sinaturas nun día para reclamar a apertura inmediata do consultorio médico de Ponte Sampaio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas proxecta retomar a normalidade da Atención Primaria "a medio prazo"
Por Redacción |
-
Esixen á Xunta a apertura inmediata do consultorio médico de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
As 'primeiras veces' da pandemia: Iris Estévez, 'cum laude' na primeira tese a distancia da súa universidade
Por Natalia Puga |