Pechan a área de Reanimación do Hospital Montecelo durante dúas semanas para obras de mellora
Por Redacción
A área de Reanimación do Hospital Montecelo permanecerá pechada a partir desta fin de semana e durante dúas semanas para poder acometer obras de reforma. Durante o tempo que duren os traballos, os pacientes que requiran tratamento destas características emprazaránse de xeito provisional con total garantía asistencial nas unidades de Espertar postcirúrxica e de Cirurxía Maior Ambulatoria.
Desde a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés deron a coñecer este venres o inicio destas obras e xustificaron o momento elixido, en plena pandemia polo coronavirus, indicando a ausencia de pacientes críticos durante esta semana.
Ademais, explican que estas obras responden a unha solicitude realizada pola maioría de profesionais desta unidade e que as dúas áreas do hospital ás que se trasladará aos pacientes durante o tempo que duren os traballos están readaptadas e reforzadas específicamente para atender e tratar pacientes críticos durante a actual pandemia pola Covid-19
A directora asistencial dá área sanitaria , Sonia Fernández-Arruty, xustificou que "es el mejor momento para iniciar esta obra" e destaca que suporá "potenciar los niveles de control, de confort y de aislamiento de aquellos pacientes que presentan necesidades de una vigilancia continuada, optimizando la operatividad de los actuales espacios que contamos".
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sinala que procedeu a informar ao comité de Seguridade e Saúde desta previsión de obras.
Relacionadas:
-
O Sergas proxecta retomar a normalidade da Atención Primaria "a medio prazo"
Por Redacción |
-
Xa non hai ningún paciente COVID positivo hospitalizado en Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Operativa a nova UCI de Montecelo para enfrontar unha hipotética segunda onda de contaxio por coronavirus
Por María José Pita |
-
A UCI do Hospital Montecelo, pechada por obras durante unha semana
Por Natalia Puga |