Cuntis xa ten o seu propio centro de compostaxe comunitario
Por Redacción
O Concello de Cuntis xa ten o seu primeiro centro de compostaxe comunitaria. O composteiro, situado na rúa da Presiña, forma parte do Plan Revitaliza da Deputación e os técnicos iniciarán agora unha campaña informativa entre os veciños para explicar como utilizar estes depósitos.
A entrada en funcionamento do centro é inminente e todos aqueles veciños que queiran depositar alí os seus restos de comida ou vexetais poden facelo sempre que respecten as medidas de hixiene para previr a expansión do Covid-19.
Ademais da repartición de folletos nas caixas de correos, realizaranse visitas porta a porta para evitar sesións grupais. Neste sentido, lembran os técnicos que este modelo de xestión de residuos é seguro xa que polas altas temperaturas que se alzanzan no proceso de compostaxe o virus é incapaz de sobrevivir, algo que non ocorre nos colectores convencionais.
O centro comunitario de Cuntis será xestionado por persoal técnico do Plan Revitaliza, quen se encargará de garantir un correcto funcionamento para obter compost de calidade, ademais de supervisar que os veciños realizan as achegas de restos de forma correcta.
Entre os residuos aceptados nestes colectores atópanse todo tipo de comida cociñada ou crúa, así como vexetais como cesped recentemente cortado ou plantas de toda clase. Unha vez depositados estes restos orgánicos é necesario tapalos con leña seca que estará ao dispor dos usuarios. Por último, é necesario pechar ben a tapa e nunca se deben deixar os restos orgánicos en bolsa dentro do composteiro.
Durante a corentena decretada polo estado de alarma todos os centros de compostaxe Revitaliza estiveron activos na provincia e mesmo duplicaron o número de achegas dos veciños, polo que se trata dun modelo que está a consolidar cmo seguro e de confianza. Ademais é moito máis ecolóxico e económico.
Relacionadas:
-
Cuntis pon en marcha o novo programa de compostaxe individual coa distribución de 97 composteiros
Por Redacción |
-
A Escola de Capataces de Lourizán apúntase á compostaxe coa instalación dun centro comunitario
Por Redacción |
-
A compostaxe aumentou un 28% as taxas de reciclaxe nos "Concellos Revitaliza"
Por Redacción |
-
Meis xa conta co seu primeiro centro de compostaxe comunitaria
Por Redacción |
-
A Deputación instala os primeiros centros de compostaxe do Plan Revitaliza en Marín
Por Redacción |
-
Cinco novos mestres composteiros incorpóranse a concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |