Poio expón axudas fiscais, formación e promoción virtual para axudar ao sector turístico local
Por Redacción
Axudas fiscais para os hostaleiros, cursos de formación sobre os novos protocolos de saúde e hixiene no ámbito laboral, a creación dunha páxina web de Poio como destino turístico e a creación dunha aplicación para móbiles e tablets son propostas que estuda o Concello tras a reunión mantida entre responsables municipais e representantes locais do sector.
No encontro mantido este pasado xoves tamén se acordou crear unha mesa de traballo que inclúa á Xunta e a iniciativa privada para colaborar na incentivación do turismo en Poio, así como na resolución de preocupacións, dificultades e suxerencias que existan entre os profesionais.
A concelleira de Turismo, Silvia Díaz, incidía na necesidade de adoptar medidas que impulsen un sector "que resulta estratéxico e moi importante para a economía local".
Pola súa banda o titular de Promoción Económica, Gregorio Agís, apuntaba que un plan de apoio "é clave para Poio xa que xera moitos postos de traballo dos que depende a economía de numerosas familias e redunda nunha mellor calidade de vida para a cidadanía".
Relacionadas:
-
Poio informa o sector hostaleiro da nova normativa temporal
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio perfilará a ampliación das terrazas co sector hostaleiro
Por Oskar Viéitez |
-
Os hostaleiros queren apoio municipal para poñer en marcha un servizo "delivery"
Por Oskar Viéitez |
-
Poio apostará pola organización de eventos deportivos para impulsar o turismo e a economía local
Por Redacción |