Sáltase o confinamento e conduce drogado para visitar a uns familiares no poboado do Vao
Por Oskar Viéitez
O pasado xoves, ás 17:15 horas, unha patrulla do Destacamento de Pontevedra da Garda Civil, detectou circulando sen causa xustificada a dous cidadáns de Santiago de Compostela no termo municipal de Poio.
Estas persoas explicaron aos axentes que se desprazaron a Pontevedra con intención de realizar unha visita aos seus familiares no Poboado do Vao.
O condutor do vehículo, foi sometido ás probas de alcol e drogas, arroxando resultado positivo en drogas. De ser confirmado o feito nas analíticas que practicará o laboratorio, o condutor podería enfrontarse a unha multa de 1.000 euros e a detracción de seis puntos do seu permiso.
Doutra banda, ambas as persoas foron denunciadas por incumprir a prohibición de efectuar desprazamentos interprovinciales sen causa xustificada.
Relacionadas:
-
A Garda Civil detén un veciño do Vao que tiña causas pendentes por roubos
Por Oskar Viéitez |
-
Tráfico puxo 70 denuncias administrativas durante esta fin de semana
Por Oskar Viéitez |
-
O poboado de O Vao pide a liberdade dos detidos por agredir á Policía Local e a Garda Civil
Por Redacción |
-
Os policías atacados no Vao foron vítimas dunha emboscada intencionada
Por Oskar Viéitez |