A rúa Ezequiel Massoni contará cun novo pavimento
Por Redacción
O paso do tempo deixou o pavimento da rúa Ezequiel Massoni de Marín cun aspecto degradado e con roturas e deficiencias no pintado das prazas de aparcamento.
Ante esta situación o goberno local anunciou que se procederá a un reasfaltado da rúa, renovando a totalidade do seu pavimento.
Esta actuación vén de ser adxudicada por resolución de Alcaldía á empresa Movementos de Áridos y Construcciones de Arosa SL, cun orzamento total de 89.686,92 euros.
Segundo indicou a alcaldesa, María Ramallo, nestes momentos só resta a firma do contrato para poder comezar a elaborar o plan de traballo, algo que non será posible polo de agora por motivo do estado de alarma. Aínda así a intención é "poder comezar coa execución da obra o antes posible", sinalou.
O proxecto terá un prazo de execución dun mes desde a comprobación do reformulo.