Os abolicionistas pedirán á Xunta denegue calquera permiso á feira taurina de Pontevedra
Por Redacción
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas tachou este domingo de "temeridade absoluta" que os promotores das corridas de touros de Pontevedra "non anunciasen a cancelación da edición de 2020 pola pandemia de Covid-19 e as medidas de seguridade que se seguen implementando en todo o planeta para conter a dispersión da mesma".
A plataforma avanzou que trasladará á Xunta de Galicia unha petición para que denegue calquera solicitude para organizar corridas de touros no coso de San Roque por considerar que non se reúnen as condicións sanitarias mínimas para realizar actividades no seu interior.
Neste sentido lembran que no exterior do coso "é habitual a creación de pequenas aglomeracións de afeccionados que aproveitan para beber alcol ou tocar instrumentos. Un risco que a cidade do Lérez non debe sufrir para que unha minoría contemple o sufrimento dun animal como espectáculo".
Corresponde ao executivo autonómico, por ter transferidas as competencias en materia de espectáculos públicos, determinar a idoneidade das solicitudes presentadas para organizar calquera tipo de evento deste tipo.