VÍDEO.- Arde unha pequena embarcación preto da illa de Tambo
Por Oskar Viéitez
Unha pequena embarcación resultou totalmente queimada polo incendio que sufriu nas proximidades da illa de Tambo, na ría de Pontevedra. O suceso tivo lugar este domingo sobre as 11.30 horas.
O barco chámase "Orlinda" e ten 6 metros de eslora.
Segundo informou a Policía Local de Poio tan só ía unha persoa a bordo que non resultou ferida e que foi auxiliada rapidamente por persoal do Club Náutico de Combarro, que foron os primeiros en chegar.
A Policía Local precisou que esta persoa acababa de encher o depósito de combustible en Combarro e ao empezar a navegar produciuse unha explosión e tirouse ao mar.
Alertados polo 112 Galicia requiriuse a Emerxencias Sanxenxo para os labores de arrefriado da embarcación que finalmente afundiuse na ría.
CONTEDOR ARDENDO
Por outra banda, a Policía Local informou que esta madrugada sobre as 2:00 horas no Lugar de Casal (preto do Castelo) queimaron dous contedores de lixo, producindo danos a un contador eléctrico.