Búscanse operarios relacionados coa electromecánica
Por Redacción
Mentres na Pontevedra capital, o sector servizos é o que repercute en maior grao a sangría económica derivada da pandemia da COVID-19 e o peso do emprego no sector público trata de aliviar as cifras; na comarca de Arousa "é a alimentación o sector que está a soster nestes momentos o mercado", segundo sinalan desde Eurofirms en Vilagarcía, que é o municipio da comarca que máis repercute o incremento do desemprego en abril, seguido de Cambados.
Industria alimentaria no que refire á fabricación e "sobre todo aquelas que están centradas na subministración da distribución alimentaria". E que perfís de emprego son os que se están ofertando nesta tesitura?, na súa maioría mozos de almacén, pero son os operarios electromecánicos os que "están moi demandados" para facer mantementos eléctricos e mecánicos, perfís relacionados coa mecatrónica.
Este tipo de perfís, constátanse nas ofertas de emprego que mostra tanto o buscador da Xunta, como o que ofrece o Sepes. Os mecánicos tamén son as profesións que máis ofertas de emprego suman na provincia, tras un rastrexo por diversas plataformas dixitais. Limpadores é outro nicho laboral que tamén se está buscando na provincia nestes momentos. Búscanse ademais perruqueiros, panadeiros, comerciais e recepcionistas.
Doutra parte, quen acuda a un proceso de selección atoparanse que estes tamén se viron obrigados a modificar os seus procedementos. Na medida do posible e sobre todo nos perfís de traballo máis técnicos, están a utilizarse as videoconferencias e cando esta non é posible valórase a posibilidade de entrevista telefónica. Se non hai máis remedio, e coas medidas de prevención e protección necesarias, faise de maneira presencial.
Relacionadas:
-
Tres de cada catro desempregados que abril deixou en Pontevedra son do sector servizos
Por Redacción |
-
O Grove lanza unha oferta de emprego para contratar dezanove traballadores
Por Redacción |
-
O paro na provincia sobe en 3.650 persoas no mes de marzo
Por Oskar Viéitez |
-
A provincia de Pontevedra encabeza en Galicia o número de traballadores afectados por ERTEs
Por Redacción |